Hoxe é sexta-feira 15 de novembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 124: pano da cabeza  s m  
Definición: Pano cadrado e de cores, de menor tamaño que o pano do pescozo e xer. non maior de 1 x 1 m, feito xer. de la ou pano merino no inverno e seda ou algodón no verán, con ou sen flocos, us. polas mulleres cinxido á cabeza, dobrado en triángulo facendo dúas puntas un lazo sobre a fronte e caendo as outras dúas polas costas, a diario, ou co lazo por debaixo do queixo, nos días de festa. 
Contexto 1: «Outras veces mercábanse xa pezas xa confeccionadas, como os panos de cabeza italianos, os mantóns de Manila, mantos merinos, pasamanerías e outros adornos.» [VGE: 10]
Contexto 2: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 3: «A muller na cabeza, por riba das trenzas, casi sempre se cubría ou ben coa cofia --peza moi nosa que nembargantes se perdeu entre mediados e finais do x. XIX-- ou co pano de cabeza de la floreado ou de seda para o día de máis garda.» [VGE: 11]
Contexto 4: «La cabeza y el cuello lo cubren las mujeres con un pañolo o pañoleta (ésta es más vistosa y de colores muy vivos, mientras que el primero es negro o de color muy oscuro). Se los ponen en la cabeza, atándolo en forma de triángulo con las dos puntas más largas, quedando la tercera en forma de pico, hacia atrás (...). Muy usado en toda Galicia (...).» [EVA: 88]
Contexto 5: «Logo, ó medraren, comenzan a se vestir coma a xente adulta, especialmente as nenas, que, dende que chegan ós seis ou sete anos, levan a súa saia, manto e pano da cabeza coma as mulleres.» [O: 285]
Contexto 6: «En las mujeres son clásicos los pañuelos para la cabeza atados detrás o delante y hasta alguno suelto, el pelo largo en dos trenzas y la ropa muy larga.» [TG: 26]
Nota: Veu substituír a cofia. Esta denominación responde ao uso que se fai do pano e non ás súas características físicas, podendo ser atribuída a panos diferentes cando us. deste modo. De feito, o pano da cabeza podía ser us. tm. como pano do pescozo.