Hoxe é domingo 21 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 141: zoco  s m  
Definición: Calzado de diario que cobre ata o tornecelo, feito de coiro ou de becerro, de cor natural ou frec. tinxido de negro para as mulleres, amarrado con amallós e con sola de pau. 
Remisions: sin. tamanco; sin. comp. 140 chanca
Contexto 1: «Logo podían poñé-los carpíns, xocas, madreñas ou zocos. Nos días de garda levaban zapatos.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Como calzado poñían zocas e madreñas de madeira, zocos, botas e chalancas de madeira e coiro e, por último, zapatos e botinas feiros soio de coiro.» [VGE: 10]
Contexto 3: «Nos pés e pernas poñían as medias de la, carpíns e zocas ou zocos nos días de traballo, e tamén polainas de coiro, estameña ou palla.» [VGE: 12]
Contexto 4: «Otro frecuente tipo de calzado son los zocos y as zocas, especie de botas con el suelo o piso de madera, sobre el que se clavan gruesos clavos o tacholas. El resto de zueco es de material y son muy útiles, especialmente para los pastores, porque son de mucho abrigo (...). Su nombre es chanclos y galochas en Andiñuela y chanclos en Villacidayo.» [EVA: 95]
Contexto 5: «O calzado podía ser de sola ou de madeira (chancas ou zocos).» [O: 282]
Nota: Consta dos seguintes elementos: a dianteira (ou pala); a traseira (ou caña), que vai reforzada no calcañar con outro becerro; a oxaleira de metal; a porta ou lingüeta. Podía tm. levar unha ferradura fina na sola para prolongar a súa duración.