Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 193: faltriqueira  s f  
Definición: Bolsa de forma redondeada ou cadrada, cunha abertura na súa cara externa para acceder ao interior, que se levaba atada á cintura xer. oculta por baixo das saias, pero tm. por encima do mantelo (se era de gala), us. ppal. polas mulleres para gardar o diñeiro, o pano, amuletos etc. 
Remisions: cfr. 364 faltriqueira
Contexto 1: «Usaban sempre faltriqueira para garda-los cartos, amuletos e outros obxectos de valor que portaban de xeito habitual. Xeralmente ía gardada debaixo das saias.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Compremento do traxe da muller é a faltriqueira e a falchoca, bulsas, pequena a primeira e grande a outra, que ían colgadas da cintura, por baixo da saia ou do mantelo.» [O: 279]
Contexto 3: «O calzón vai provisto de faltriqueira ou de alxibeira, gran bulsa ista derradeira que pode chegar ós xoenllos e incruso, coma socedía nas Mariñas, saír pola botoadura da perna.» [O: 281]