Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 208: saia  s f  
Definición: Peza feminina que cobre o abdome inferior e as pernas ata o tornecelo, vestida por encima dos refaixos. 
Contexto 1: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Co liño (estopa, lenzo, fío) e tamén no algodón confeccionaban sabos, sabas e roupa interior, como camisas de home e de muller, cirolas, xustillos...» [VGE: 10]
Contexto 3: «Co picote elaboraban mandís, saias, chaquetas, corpiños, calzóns, mantelos, mantelas...» [VGE: 10]
Contexto 4: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 5: «Así vemos nestas fotografías chambras, saias, xubóns e outras roupas confeccionadas [coas novas teas tales como dril, franela, mahón, villela].» [VGE: 11]
Contexto 6: «Es muy frecuente también llamar a la falda "saia", tanto en Ancares como en otras partes, así en Aller (donde las hay de "mandileta, colorás y de nascote"), en Andiñuela, en Villacidayo, etc.» [EVA: 86]
Contexto 7: «O traxe da terra de Muros tiña unha certa persoalidade que o distinguía dos demáis: mantelo de pano negro con franxas de terciopelo moi anchas cobrindo a saia de cór crara...» [O: 277]
Contexto 8: «O refaixo sustituiuse por unha saia de cór crara nas mozas e oscura nas vellas, desaparecendo o mantelo e o dengue.» [O: 277]
Contexto 9: «O traxe faise entón máis sinxelo: saia oscura ou crar, aínda con bastante vó, longa até os pés. Sobor dela o mandil de lenzo corrente, grande que non sempre se puña, senón somentes pró traballo.» [O: 277]
Contexto 10: «Compremento do traxe da muller é a faltriqueira e a falchoca, bulsas, pequena a primeira e grande a outra, que ían colgadas da cintura, por baixo da saia ou do mantelo.» [O: 279]
Contexto 11: «Logo, ó medraren, comenzan a se vestir coma a xente adulta, especialmente as nenas, que, dende que chegan ós seis ou sete anos, levan a súa saia, manto e pano da cabeza coma as mulleres.» [O: 285]
Contexto 12: «Lucen los colores de sayas y pañuelos, las vistosas cofias, las dos trenzas del pelo de una joven, las calzas del niño y de los hombres, ampulosas como las que observó en su día Cano y Olmedilla, las zuecas, algunas puntiagudas, un singular conjunto en donde se puede estudiar el mejor capítulo de la historia del traje en Galicia.» [TG: 26]
Contexto 13: «Está llena una caldera (sella) y cubre su cabeza blanca cofia. Viste chambra, chaquetilla, saya, mantelo, media blanca y zapatos.» [TG: 27]
Contexto 14: «En 1867 se editaba en Santiago la obra de Don Ramón Otero, "Galicia Médica" y al hablar del vestido escribe: "en el interior usan un paño ordinario tejido en el país en telares caseros con la lana áspera de sus carneros hilada a mano por las mujeres. Los de la costa gastan las panas, panillas, granas, paños y telas inglesas introducidas por la raya de Portugal o compradas en los puertos a los que desembarcan procedentes del extranjero; aquí los percales pintados sustituyen en las mujeres a las estameñas gruesas y bayetas de que hacen las sayas las de montaña: la lana entre las primeras es muy poco usada y como indicando su escasez de rebaños, solo la tejen mezclada con el lino, formando una tela particular de que hacen ropa para las labores del campo.» [TG: 28]