Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 237: cirolas  s f pl  
Definición: Especie de calzón amplo de roupa interior masculina xer. feito de lenzo de cor branca que cobre da cintura ata aprox. o xeonllo, vestido por debaixo do calzón ou do pantalón. 
Contexto 1: «Co liño (estopa, lenzo, fío) e tamén no algodón confeccionaban sabos, sabas e roupa interior, como camisas de home e de muller, cirolas, xustillos...» [VGE: 10]
Contexto 2: «Nas pernas [levaban] as cirolas, xeralmente longas ata os pés atadas con cinta, que se podían ver entre o calzón e as polainas. Outras veces eran algo máis curtas e caían por riba das polainas.» [VGE: 12]
Contexto 3: «Os restos da espadela, tomentos, eran denates aproveitados pra faguer despóis de fiados etecidos, un xénero duro e áspero que se empregaba prás faldras das camisas das mulleres e as cirolas dos homes, máila súa baixa calidade fixo que fosen abandoados.» [O: 235]
Contexto 4: «O calzón pasaba un pouco dos xoenllos e tiña as parte laterás inferiores abertas, deixando saír as cirolas ou calzurras, feitas de lenzo de liño.» [O: 281]
Contexto 5: «En el folio 41 "representa un paisano debajo de un árbol al parecer recién podado, con el típico traje labrego de diario; chaleco por encima de la chaqueta; calzón; cirolas por debajo; medias blancas de lana y zapato bajo. El color de la chaqueta y calzón es pardo, lo mismo que la monteira. Debajo del brazo una chaqueta. En la espalda un morral de redecilla."» [TG: 27]
Contexto 6: «El de la zanfoña, hombre fuerte y barbudo, viste chaqueta, doble chaleco, calzón, cirolas, polainas y zapatos. El sombrero es redondo y sobre sus hombros, abrochado por el cuello, un grueso capote.» [TG: 27]
Contexto 7: «El gaitero, segundo personaje de la escena, luce en la cabeza repinicada monteira con la punta de candil hacia delante. Compone su vestimenta: chaqueta, chaleco, calzón, cirolas, polainas y zapatos.» [TG: 27]
Nota: Pode ser us. como peza exterior, xer. de estopa e, de feito, algúns autores diferencian entre os calzoncillos (de roupa interior) e as cirolas (peza exterior). En Galiza perviviron máis que noutras partes da Península.