Hoxe é segunda-feira 16 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 275: puño  s f  
Definición: Parte da manga máis próximo do pulso, especialmente no interior ou no forro. 
Contexto 1: «Igual que na muller, a camisa era o primeiro que poñían no corpo, aínda que era máis curta cá dela, e podía ser de estopa ou de lenzo reservando o liño máis fino para a peiteira, os puños e a tira do pescozo ou para o colo se o tiña.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Os puños e a tira do pescozo xa era de liño máis fino.» [VGE: 11]
Contexto 3: «Sobor dil puñan, ás veces, o corpiño, mais no caso contrario, a camisa tiña as mangas longas, que pechaban onda a man, rematando nun puño de encaixe máis ou menos adornado, e desaparecía o escote pra vir pechal-a camisa no arrinque do pescozo, adornándose de xeito semellante ós puños.» [O: 275]
Contexto 4: «Logo, a blusa ou chambra, con mangas máis ou menos cinguidas nos puños e pechada até o pescozo.» [O: 277]
Contexto 5: «En xeral, [o traxe dos homes] compúñase dunha camisa de liño con botóns feitos de fío, pespuntada, máis ou menos luxosa consonte a ocasión en que se puña. A camisa era de tira e cos puños abotoados.» [O: 280]
Contexto 6: «Non embargantes, aínda iste traxe chegóu a ter unha certa persoalidade polo emprego das remontas, especie de mendos de terciopelo ou pana que, dun xeito simétrico, enfeitaban a beira inferior e as costas da chaqueta, os puños e parte traseira das mangas, bocas dos pantalóns, xionlleiras, etc.» [O: 283]