Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 283: botón  s m  
Definición: Peza pequena feita de materiais diversos (nácar, metal, madeira, fío etc.), forrada ou non de tecido e em xeral discoide (mais podendo ter outras formas) coa cara achatada ou convexa, que, fixada con fío polos seus orificios ou por un pé furado, serve para prender e segurar partes diferentes dunha peza da vestimenta, entrando polo ollal ou, aínda, us. simplemente como adorno, como p. ex. nun chaleco de gala. 
Contexto 1: «En xeral, [o traxe dos homes] compúñase dunha camisa de liño con botóns feitos de fío, pespuntada, máis ou menos luxosa consonte a ocasión en que se puña. A camisa era de tira e cos puños abotoados.» [O: 279]
Contexto 2: «A parte inferior da perna cobríase, a meiados do século XIX, con polainas de pano, que chegaban sobor do calzado e ían provistas dunha tiriña, pra pasar por baixo do pé, e de botóns ós lados.» [O: 282]
Contexto 3: «Pero el que parece ser el [traje] patronímico, aunque en algunas comarcas poco usado, se compone de chaqueta parda, chaleco de grana ribeteado con terciopelo o con filetes de seda, y botones de filigrana, pantalón pardo o de pana negro, polainas de paño, zapato con botón o lazo, camisa punteada y sujeta con botón doble de plata al cuello, montera con ribetes bordados de seda y un palo no muy largo en la mano.» [TG: 28]
Contexto 4: «Pero el que parece ser el [traje] patronímico, aunque en algunas comarcas poco usado, se compone de chaqueta parda, chaleco de grana ribeteado con terciopelo o con filetes de seda, y botones de filigrana, pantalón pardo o de pana negro, polainas de paño, zapato con botón o lazo, camisa punteada y sujeta con botón doble de plata al cuello, montera con ribetes bordados de seda y un palo no muy largo en la mano.» [TG: 28]
Nota: Os botóns da camisa podían ser de liño feitos a gancho tomando como modelo a semente da malva silvestre.