Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 287: capa  s f  
Definición: Peza de roupa de encima solta e sen mangas que cobre os ombros e o dorso do corpo ata unha altura determinada dependendo da longura do modelo, xer, us. para abrigarse ceremoniosamente. 
Remisions: cfr. capa castellana
Contexto 1: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Como pezas de máis abrigo tiñan os mantos, a coroza e a capa entre outros.» [VGE: 12]
Contexto 3: «Para cubrirse empregaban a capa, mantos ou panos de lá abatanados ós que lles podían facer un burato para mete-la cabeza, e a coroza que era unha capa usada para gardarse da chuvia, feita de palla ou fiuncho e que podía levar esclavina e capucha.» [VGE: 13]
Contexto 4: «O picote emprégase como mandil, pró que se ata á cintura coas fitas de que vai provisto, mais tamén se pode usar, a xeito de capa ou esclavina, sobre dos hombreiros, atando as fitas adiante do pescozo; serve esí de abrigo pra ir ó monte ou pra traballar nas terras.» [O: 278]