Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 319: pano do pescozo  s m  
Definición: Pano cadrado, de maior tamaño que o pano da cabeza, feito xer. de la ou crespón no inverno e seda ou algodón no verán, xer. estampado en varias cores con motivos florais, con ou sen flocos, que usaban as mulleres dobrado pola diagonal en forma de triángulo sobre os ombros caendo dúas puntas polas costas e atando os extremos diante do peito. 
Contexto 1: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Nota: Os de la us. polas arzuanas son de grande vistosidade polas súas cores vivas (amarelos, vermellos e verdes) e no interior da prov. de Pontevedra e en Ourense podían ser brancos estampados con flores. Esta denominación responde ao uso que se fai do pano e non ás súas características físicas, podendo ser atribuída a panos diferentes cando us. deste modo.