Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 336: manto  s m  
Definición: Especie de capa feminina de abrigo, coa que se tapaba a cabeza o corpo, podendo chegar ata a media perna. 
Contexto 1: «Como pezas de máis abrigo tiñan os mantos, a coroza e a capa entre outros.» [VGE: 12]
Contexto 2: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 3: «Outras veces dobraban os mantelos ou os mantos e colocabanos na cabeza por non levalos postos ou na man.» [VGE: 11]
Contexto 4: «Para cubrirse empregaban a capa, mantos ou panos de lá abatanados ós que lles podían facer un burato para mete-la cabeza, e a coroza que era unha capa usada para gardarse da chuvia, feita de palla ou fiuncho e que podía levar esclavina e capucha.» [VGE: 13]
Contexto 5: «Logo, ó medraren, comenzan a se vestir coma a xente adulta, especialmente as nenas, que, dende que chegan ós seis ou sete anos, levan a súa saia, manto e pano da cabeza coma as mulleres.» [O: 285]
Nota: Us. para ir á misa.