Hoxe é domingo 21 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 341: pano  s m  
Definición: Complemento consistente nun pedazo cadrado de tecido, us., en función do tamaño e a súa natureza, tanto como cobertura da cabeza ou do tronco, como ornamento ou abrigo, ou para limpar o suor, etc. 
Remisions: cfr. 59 pano; cfr. 59 pano
Contexto 1: «A cofia deixou de se usar moi axiña pra sere sustituida polo pano.» [O: 276]
Contexto 2: «Estes traxes fóronse modificando: primeiro desaparecéu a cofia pra sere sustituida por un pano de córes, posto en forma triangular, cunha punta atrás e as outras cruzadas e atadas sobor da frente. Logo o xeito de pól-o pano foise tamén modificando.» [O: 277]
Contexto 3: «Pra remate, o pano que, asegún a edade e estado da que o levase, ía posto de distintos xeitos. As mociñas levábano coas puntas atadas atrás, por riba da parte traseira. Ó seren de máis edade, pero aínda solteiras, púñano do mesmo xeito, anque entón atábase por baixo da punta que dependuraba por detrás. As casadas novas atábano por diante, sobor da frente, coas puntas cara os lados. Finalmente as persoas de edade atábano tamén de diante, por baixo da queixada.» [O: 277]
Contexto 4: «O mesmo acontez co pano que, se nos derradeiros tempos aínda se puña prá eirexa, foi xa sustituído polas mantillas ou velos mercados na tenda.» [O: 278]
Contexto 5: «Os nenos, namentras son pequenos, embrúllanse en panos e mantas cobríndolles a cabeza con cufetes, xeito de gorriñas feitas de lenzo.» [O: 285]
Contexto 6: «Lucen los colores de sayas y pañuelos, las vistosas cofias, las dos trenzas del pelo de una joven, las calzas del niño y de los hombres, ampulosas como las que observó en su día Cano y Olmedilla, las zuecas, algunas puntiagudas, un singular conjunto en donde se puede estudiar el mejor capítulo de la historia del traje en Galicia.» [TG: 26]
Nota: Cando moi vello, us. tm. como pano de talle.