Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 345: coroza  s f  
Definición: Capa feita con xuncos ou palla trigueira, entretecidos de modo que a auga de chuvia escorrega por ela, e formada por unha esclavina e dous ou tres volantes para atinxir unha longura ata a perna. Pode ir acompañada dun carapucho e unhas polainas do mesmo material. 
Contexto 1: «Como pezas de máis abrigo tiñan os mantos, a coroza e a capa entre outros.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Coa palla e o ficucho facían sombreiros, corozas, polainas.» [VGE: 10]
Contexto 3: «Para cubrirse empregaban a capa, mantos ou panos de lá abatanados ós que lles podían facer un burato para mete-la cabeza, e a coroza que era unha capa usada para gardarse da chuvia, feita de palla ou fiuncho e que podía levar esclavina e capucha.» [VGE: 13]
Contexto 4: «Referímonos ós xuncos, cos que se fan as corozas e as polainas.» [O: 267]
Contexto 5: «A coroza átase no pescozo con dúas barazas. A algunhas destas prendas agrégaselles unha capucha pra cubri-la cabeza.» [O: 267]
Contexto 6: «As corozas úsanse para se gardar da chuvia, pois cobren ben e son quentes, mais teñen dúas dificultades no seu uso: o moito que pesan cando están molladas e o perigo que presentan preto do lume cando están enxoitas por coller lume doadamente.» [O: 267]
Contexto 7: «Cando [os xuncos] están ben secos, mázanse, o mesmo que o liño, máis somentes pola punta, deica que quedan ben esfiañados. Entón vanse collendo un a un e entretecéndoos pola base deica faguer un a xeito de lenzo ou cortina dun longo bastante pra que díe a volta ó corpo dun home. Diste xeito fanse varias que logo se van unindo unhas por baixo das outras armándoas sobre cordas feitas tamén de xuncos entretecidos. Prós hombreiros faise unha armadura semellante, deixando unhas buratas para pasál-os brazos, que se cobren logo cunha esclavina, todo nunha peza.» [O: 267]
Contexto 8: «Como o feitío das corozas presenta certas dificultades, é corrente que algúns que teñen xeito pra esto se adiquen a faguelas e logo as vaian vender ás feiras.» [O: 267]
Contexto 9: «A coroza é unha capa feita con xuncos e que pode ter varias formas, anque a máis corrente é a de capa con esclavina; tamén se fan capuchas soias e corozas con capucha na mesma peza; as corozas serven indistintamente pra homes e mulleres anque tamén se fan especiás prás derradeiras.» [O: 285]
Nota: Us. en toda Galiza aínda que é máis frecuente nos labregos da montaña, que a vestían desde o outono ata mediados da primavera.