Hoxe é terza-feira 16 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 37: camisa  s f  
Definición: Peza de roupa interior de mangas longas ou curtas, xer. feita de liño aínda que tm. podía ser de estopilla, que cobre o tronco, os brazos e tm. a parte superio das pernas dunha persoa, xer. fechada por diante por medio de botóns e us. directamente sobre a pel ou sobre outra peza. 
Contexto 1: «Igual que na muller, a camisa era o primeiro que poñían no corpo, aínda que era máis curta cá dela, e podía ser de estopa ou de lenzo reservando o liño máis fino para a peiteira, os puños e a tira do pescozo ou para o colo se o tiña.» [VGE: 12]
Contexto 2: «No corpo a primeira prenda que se poñía era a camisa, longa ata debaixo dos xeonllos, que tiña dúas partes: o cos, que corresponde ó tórax, feito de lenzo, e a faldra, que corresponde ó abdomen e pernas, que era de estopa.» [VGE: 11]
Contexto 3: «Até fai pouco, as mulleres usaban camisa de manga curta, con escote cadrado; polo xeral, era de dúas pezas: a superior ou cós, cinguida, e a aba, longa, con vó, de lenzo máis ruin. Os bordes das mangas, o escote e o rodo da aba podían levar encaixe.» [O: 274]
Contexto 4: «En xeral, [o traxe dos homes] compúñase dunha camisa de liño con botóns feitos de fío, pespuntada, máis ou menos luxosa consonte a ocasión en que se puña. A camisa era de tira e cos puños abotoados.» [O: 279]
Contexto 5: «Dentro de ese realismo podemos apreciar que le traje era el clásico que aún hemos visto en Compostela en pleno siglo XX, y se componía de jubón, calzóns, alguno con los adornos blancos formados por el saliente de los calzoncillos, y otros sin adornos ceñidos por debajo de las rodillas, camisa, que muchos llevan remangadas por el trabajo, medias zapatos y el pelo corto.» [TG: 26]
Contexto 6: «Pero el que parece ser el [traje] patronímico, aunque en algunas comarcas poco usado, se compone de chaqueta parda, chaleco de grana ribeteado con terciopelo o con filetes de seda, y botones de filigrana, pantalón pardo o de pana negro, polainas de paño, zapato con botón o lazo, camisa punteada y sujeta con botón doble de plata al cuello, montera con ribetes bordados de seda y un palo no muy largo en la mano.» [TG: 28]