Hoxe é sexta-feira 18 de outobro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 41: acibeche  s m  
Definición: Variedade negra, brillante, compacta e moi dura de lignito, us. desde antigo na Galiza, unha vez polida, para aplicacións ornamentais, moi utilizado no bordado de pezas de gala como dengues, mantelos, etc. 
Remisions: var. cibeche; var. acebache; var. acibecha; var. cibecha
Contexto 1: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 11]
Contexto 2: «Como adornos usáronse os pendientes, sapos, broches, etc., que traballaban os noso orfebres, aínda que podían vir de fora dependendo da moda do momento, e por suposto o azibeche e os encaixes de bolillos.» [VGE: 10]
Nota: Alén da súa función ornamental, tamén era us. para evitar o mal de ollo, xa que se consideraba unha pedra con poderes contra meigallos ou desgracias ou deparadora de boa fortuna ao seu posuidor.