Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 430: pano sedán  s m  
Definición: Pano fino us. para os traxes de garda. 
Contexto 1: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Tamén se usaron outras teas importadas de fora do país, sóbor de todo de castela, de xeito que nalgunhas comarcas nas cuadrillas de segadores ía un home encargado de mercalas, ou ben viñan vendedores ambulantes. Así chegaban o pano de la, pañete, pano sedán, pano de ortigosa, veludo, brocados, pana, panilla, entre outros.» [VGE: 10]
Contexto 3: «As teas máis finas tales como o pano sedán, veludo, etc. Usábanas xeralmente para adornar dengues, mantelos, chaquetas, calzóns, etc.» [VGE: 11]
Contexto 4: «Igual que a muller o home tamén podía levar ribeteado con veludo ou pano sedán o chaleque, polainas, chaqueta, xubón, calzon ou monteiras.» [VGE: 13]