Hoxe é segunda-feira 16 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 449: picote  s m  
Definición: Especie de mandil de picote de garda xer. de cor negra e cunha franxa estreita de deseños xeométricos en relevo obtidos por medio de levantados no tear, aprox. a unha cuarta do bordo inferior, us. como peza de loito ou en cerimonias relixiosas e existente ppal. no terzo meridional do país (sobre todo nas zonas raianas). 
Remisions: cfr. 61 mandil de picote; cfr. 450 mandil
Contexto 1: «Un picote en Ourense, a súa función é a mesma, a forma é prácticamente a mesma, pero a súa feitura é diferente que a dun picote en Pontevedra. O picote en Pontevedra está feito apaisado, quero dicir, o fío vai tumbado, e os picotes en Ourense son dúas follas de picote de tear, cosidas, co fío á caída, que se lle chama, que é coller o fío da urde e deixalo en vertical, e o fío tumbado sería deixalo en horizontal na urde. Os picotes en Ourense son dúas lamias sacadas do tear colocadas así, cunha costura polo medio, e un capacete colocado tumbado, por arriba, feito do mesmo picote. Eses son os de Ourense. Sen embargo, os que se chaman picotes en Pontevedra, son unha peza feita a traveso, da medida de un metro e medio, sacada do tear, que leva os levantados, todos, por un lateral. É dicir, no tear os facían xusto no lado izquierdo, pero logo ao tumbalo quédache por abaixo. E por arriba, pola zona onde non leva os levantados, botábanlle outra tea de percal, de raias, de liño tinxido, do que tuvesen. (...) O picote en Pontevedra ten unhas características diferentes ao resto, que está feito ao revés, porque a tela está tumbada, non ten costura polo medio.» [FJAF]
Nota: Existe unha diferencia no modo de elaboración, e por conseguinte na feitura, entre o picote da prov. de Pontevedra e o da prov. de Ourense mais a súa forma e a súa función son prácticamente as mesmas.