Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 45: mantelo  s m  
Definición: Avantal ou mandil (ou especie de saia aberta) de pano de cor xer. castaña, verde escura, azul mariño ou, menos frec., negra que cobre á saia ou ao refaixo case por completo (á excepción da parte posterior, xa que vai aberto detrás, e a beira inferior), suxeito/cinxido á cintura por medio de broches posteriores. P. ex. mantelo de gala, mantelo mariñán 
Contexto 1: «Por riba da faldra da camisa poñía o refaixo de lá ou baieta, logo outra saia baixeira tamén de baieta e por fin a saia de riba, a que se vía, e por tanto a de mellor feitura e tea, e, por último o mandil, mantelo ou mantela.» [VGE: 11]
Contexto 2: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 11]
Contexto 3: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 4: «As teas máis finas tales como o pano sedán, veludo, etc. usábanas xeralmente para adornar dengues, mantelos, chaquetas, calzóns, etc.» [VGE: 11]
Contexto 5: «Outras veces dobraban os mantelos ou os mantos e colocabanos na cabeza por non levalos postos ou na man.» [VGE: 11]
Contexto 6: «O refaixo ía cuberto co mantelo, que semella un gran mandil de pano, algo máis curto que o refaixo e con menos vó, aberto por detrás e dun feitío semellante ó do dengue, co mesmo pano e franxas e bordado de canutillo. Pecha por baixo do dengue e do mesmo modo, con broche e cadea de prata. Os das festas son, craro está, máis ricos que os de cotío. Son famosos aínda os empregados na terra de Muros, dos que pasóu o nome, hoxe xeralizado, de muradanas que tamén se dá a estas prendas.» [O: 275]
Contexto 7: «O traxe da terra de Muros tiña unha certa persoalidade que o distinguía dos demáis: mantelo de pano negro con franxas de terciopelo moi anchas cobrindo a saia de cór crara; chaqueta de raso negro e, por riba dela, un pano de crespón que cruza sobor do peito e ata as súas puntas na cintura, por detrás, deixando dependural-o sobrante.» [O: 276]
Contexto 8: «O refaixo sustituiuse por unha saia de cór crara nas mozas e oscura nas vellas, desaparecendo o mantelo e o dengue.» [O: 277]
Contexto 9: «Compremento do traxe da muller é a faltriqueira e a falchoca, bulsas, pequena a primeira e grande a outra, que ían colgadas da cintura, por baixo da saia ou do mantelo.» [O: 279]
Contexto 10: «Está llena una caldera (sella) y cubre su cabeza blanca cofia. Viste chambra, chaquetilla, saya, mantelo, media blanca y zapatos.» [TG: 27]
Nota: Podía tm., de camiño, levarse dobrado sobre a cabeza, como protección do sol ou da chuvia.