Contexto 1: |
«As leras raiadas, dependendo da súa riqueza, eran ribeteadas os seus laterales, dereita e esquerda, non o fondo, o fondo estaba xa ribeteado por esa mostra, entre comillas, de levantados, tapieces e cores, pero os laterales moitas veces eran ribeteados por terciopelo, ou sexa, mezclaban elementos artesanais e confeccionados na casa, aínda que moi elaborados como liño e la, con elementos comprados como terciopelo, ou sedas, lle metían unha tira que lle chamaban a tira bordada de seda, e que era unha tira comprada na feira, de seda, e que logo bordaban por encima, a man, con fíos tinguidos de seda sacada do liño, moi finiña, e bordaban por riba motivos, ou terciopelo negro, ou la merina negra, ou pelo de cabra, etc.» [FJAF] |