Hoxe é domingo 21 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 460: lera raiada  s f  
Definición: Especie de picote de festa (us. para feiras e romarías) pero coa la ben fiada e asedada, de riscas verticais paralelas de cores vivas sobre fondo xer. negro e un tapiz paralelo ao extremo inferior, a unha distancia del de aprox. unha cuarta, consistente nunha franxa de levantados e deseños xeométricos de moitas cores e grande creatividade, presente ppal. nas Rías Baixas pontevedresas e na metade meridional de Pontevedra e Ourense. 
Remisions: sin. 451 lera
Nota: O fondo da parte inferior entre o tapiz e o extremo, dunha cuarta aprox. de largura, era xer. de cor vermella e tiña riscas de cores con el contrastantes. Así mesmo, o número de tapices non se limitaba a un, senón que dependía, ao igual que o seu feitío, do poder adquisitivo da portadora, da habilidade ou da creatividade da tecedeira, etc. Nos exemplares máis ricos, os laterais, que ao se vestir a lera cobren o peito tocándose entre si, tamén podían ir ribeteados por veludo negro, la merina negra, pelo de cabra, unha tira bordada de seda, etc. Peza de posible influencia ou procedencia portuguesa.