Hoxe é domingo 21 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 493: voo  s m  
Definición: vid. roda 
Contexto 1: «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Polo xeral, [a camisa de muller] era de dúas pezas: a superior ou cós, cinguida, e a aba, longa, con vó, de lenzo máis ruin.» [O: 274]
Contexto 3: «O refaixo tiña moito vó, que se conseguía engadíndolle unha nesga ou peza triangular que aumentaba a superficie inferior sen faguelo na superior.» [O: 275]
Contexto 4: «O traxe faise entón máis sinxelo: saia oscura ou crar, aínda con bastante vó, longa até os pés. Sobor dela o mandil de lenzo corrente, grande que non sempre se puña, senón somentes pró traballo.» [O: 277]