Hoxe é sexta-feira 19 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 501: chapeu  s m  
Definición: Toucado masculino ou feminino us. xer. ao ar libre (fóra da casa), e que consta, en principio, de copa xer. redonda e de aba mais ou menos larga, podendo asumir diversos aspectos e ser de diferentes materiais, frec. pano burdo abatanado e teso ou de feltro feito de la parda. P. ex. sombreiro de palla, sancosmeiro, tella. 
Remisions: sin. sombreiro
Contexto 1: «Polas terras de Padrón [a monteira] tiña forma de casquete, sen adornos; nas Mariñas era máis outa, con presiñas de terciopelo; na Mahía tiña unha forma semellante a un pequeno chapéu, coa aba cinguida á copa por detrás e polos lados e tendida por dediante, a xeito de viseira.» [O: 282]
Contexto 2: «A prenda que primeiro se perde é o calzón, sustituido a fins do século XIX polo pantalón, co que comenza a se usar tamén o chapeu de copa baixa e abas anchas, no que moitas veces se puña unha pruma de perdiz.» [O: 283]
Contexto 3: «Coíste traxe usábase chapéu corrente, que logo cedéu terreo á boina, chamada por moitos viguesa, anque non seña certamente esta a súa orixe.» [O: 283]
Nota: Veu substituír a pucha. Podía adornarse cunha pluma de pavo real ou galo (como na montaña lucense) ou unha fita que caía pola parte traseira.