Hoxe é terza-feira 16 de xullo de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 54: corpiño  s m  
Definición: Especie de chaqueta de muller curta e cinxida á cintura, xer. con mangas longas e rematadas en puño de veludo, igual que o amplo colo, que baixa até a cintura q non queda solto senón que vai cosido ao pano do corpiño. 
Contexto 1: «Co liño (estopa, lenzo, fío) e tamén no algodón confeccionaban sabos, sabas e roupa interior, como camisas de home e de muller, cirolas, xustillos...» [VGE: 10]
Contexto 2: «Co picote elaboraban mandís, saias, chaquetas, corpiños, calzóns, mantelos, mantelas...» [VGE: 10]
Contexto 3: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 4: «Sobor dil [do xustillo] puñan, ás veces, o corpiño, mais no caso contrario, a camisa tiña as mangas longas, que pechaban onda a man, rematando nun puño de encaixe máis ou menos adornado, e desaparecía o escote pra vir pechal-a camisa no arrinque do pescozo, adornándose de xeito semellante ós puños.» [O: 275]
Contexto 5: «Denantes, e prós días de festa, era corrente o uso do corpiño, especie de chaqueta cinguida, curta, con solapas, mangas longas e adornos de terciopelo, que remataron por empregar somentes as costureiras e que, en cabo, desaparecéu de todo.» [O: 276]