Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 60: mandil  s m  
Definición: Peza de roupa de encima feito de múltiplos materiais e us., dependendo do tipo, como protección ou adorno ora sobre a parte frontal da saia da cintura para abaixo (tm. chamado máis frec. mantela, avantal, devantal etc.), ora sobre os ombros e o dorso do corpo (tm. chamado mandil de picote, mantelo, candil etc.). 
Contexto 1: «De feito, mandil, en Galicia, é de poñer polos ombros. Ou sexa, normalmente, antigamente o mandil era de poñer polos ombros. E o de poñer por diante, así como o que nós entendemos por mandil hoxe en día se chamaba mantela ou delantal.» [FJAF]
Contexto 2: «Por riba da faldra da camisa poñía o refaixo de lá ou baieta, logo outra saia baixeira tamén de baieta e por fin a saia de riba, a que se vía, e por tanto a de mellor feitura e tea, e, por último o mandil, mantelo ou mantela.» [VGE: 11]
Contexto 3: «Por delante de la falda, rodo o faldón se pone la mujer ancaresa un mandil, mandilello, mandil raso o de raso (según la calidad), es decir, un delantal, que recibe el mismo nombre en todas partes, así es mandil raso en Aller, mandil en Aller, mandil en Andiñuela, mantiedu en Sisterna, etc.» [EVA: 87]
Contexto 4: «O refaixo ía cuberto co mantelo, que semella un gran mandil de pano, algo máis curto que o refaixo e con menos vó, aberto por detrás e dun feitío semellante ó do dengue, co mesmo pano e franxas e bordado de canutillo.» [O: 275]
Contexto 5: «Atado á cintura ía un pequeno mandil de seda negra con encaixes e bordados darredor; chámase tamén sabenlo.» [O: 276]
Contexto 6: «O traxe faise entón máis sinxelo: saia oscura ou crar, aínda con bastante vó, longa até os pés. Sobor dela o mandil de lenzo corrente, grande que non sempre se puña, senón somentes pró traballo.» [O: 277]