Hoxe é cuarta-feira 18 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 73: media  s f  
Definición: Peza de roupa de ambos os sexos de liño, algodón ou máis xer. la, que calza o pé, con ou sen calcañar, e alcanza diferentes alturas da perna ou da coxa, de acordo co modelo. 
Contexto 1: «As pernas cubríanas con medias de lá feitas á espita, ou de liño para os días de festa, e as máis ricas eran as medias caladas de seda, suxetándoas todas elas coas atadeiras, feitas no tear as de garda ou de lá ou liño as de cotío.» [VGE: 12]
Contexto 2: «As pernas cubríanas con medias de lá feitas á espita, ou de liño para os días de festa, e as máis ricas eran as medias caladas de seda, suxetándoas todas elas coas atadeiras, feitas no tear as de garda ou de lá ou liño as de cotío.» [VGE: 12]
Contexto 3: «De la e pano eran dengues, chaquetas, mantelos, corpiños, saias, refaixos, calzóns, polainas, chaleques, puchos, monteiras, panos de cabeza, panos do pescozo, medias, carpíns, mantos...» [VGE: 10]
Contexto 4: «Nos pés e pernas poñían as medias de la, carpíns e zocas ou zocos nos días de traballo, e tamén polainas de coiro, estameña ou palla.» [VGE: 12]
Contexto 5: «O fío retorcido, case sempre de lá, úsase en xeral pra calcetar coas agullas correntes que o mercado proporcioa; esí se fan chaquetas, chambras, medias, etc.» [O: 250]
Contexto 6: «As medias, de lá calcetada, eran brancas e chegaban até os xeonllos onde unha pequena amarralla as mantiña suxetas.» [O: 275]
Contexto 7: «As meias, denantes brancas e feitas na casa, trocáronse polas feitas da tenda, negras ou, pol-o menos, de cór oscura, acontecendo o mesmo co calzado.» [O: 278]
Contexto 8: «Non embargantes, a fins do século XVIII atópanse os calzóns cinguidos por baixo do xoenllo e as pernas cubertas con meias, en troques das polainas que aparecen despóis.» [O: 282]
Contexto 9: «En el folio 41 "representa un paisano debajo de un árbol al parecer recién podado, con el típico traje labrego de diario; chaleco por encima de la chaqueta; calzón; cirolas por debajo; medias blancas de lana y zapato bajo. El color de la chaqueta y calzón es pardo, lo mismo que la monteira. Debajo del brazo una chaqueta. En la espalda un morral de redecilla."» [TG: 27]
Contexto 10: «Está llena una caldera (sella) y cubre su cabeza blanca cofia. Viste chambra, chaquetilla, saya, mantelo, media blanca y zapatos.» [TG: 27]
Nota: O material e a cor variaban conforme a estación.