Hoxe é segunda-feira 16 de setembro de 2019
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Resultado da consulta:

Termo 91: lenzo  s m  
Definición: Tecido de liño. 
Remisions: cfr. 222 lenzo
Contexto 1: «Igual que na muller, a camisa era o primeiro que poñían no corpo, aínda que era máis curta cá dela, e podía ser de estopa ou de lenzo reservando o liño máis fino para a peiteira, os puños e a tira do pescozo ou para o colo se o tiña.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Aínda que a planta é doada de conseguir, son moitas e moi pesadas as labouras que lle hai que facer desde o cultivo --a arriga, a ripa, o enriado, a maza e remaza, a tasca, o rastrelado, a fiada, o branqueado, o tinguido, tec.-- Ata consegui-las distintas modalidades --estopa, lenzo, liño fino-- e logo tecelas no tear, proceso que ocupaba todo o ano» [VGE: 9]
Contexto 3: «Co liño (estopa, lenzo, fío) e tamén no algodón confeccionaban sabos, sabas e roupa interior, como camisas de home e de muller, cirolas, xustillos...» [VGE: 10]
Contexto 4: «Diste xeito temos urdido o fío para tecer unhas tres varas de lenzo.» [O: 253]
Contexto 5: «En Pontevedra e Vigo estaba feito por meio de varias pezas a xeito de esclavinas, e incruso se atopaban dengues de lenzo branco nos arredores de Mondoñedo.» [O: 276]
Contexto 6: «O traxe faise entón máis sinxelo: saia oscura ou crar, aínda con bastante vó, longa até os pés. Sobor dela o mandil de lenzo corrente, grande que non sempre se puña, senón somentes pró traballo.» [O: 277]
Contexto 7: «Sobor da camisa, o chileque, de pano roxo, branco ou verde, e coa parte traseira de lenzo, case sempre de estopa.» [O: 280]
Contexto 8: «O calzón pasaba un pouco dos xoenllos e tiña as parte laterás inferiores abertas, deixando saír as cirolas ou calzurras, feitas de lenzo de liño.» [O: 281]
Contexto 9: «Os nenos, namentras son pequenos, embrúllanse en panos e mantas cobríndolles a cabeza con cufetes, xeito de gorriñas feitas de lenzo.» [O: 285]
Contexto 10: «Os nenos usan pantalón curto, polos xoenllos ou algo máis abaixo, sendo curioso o emprego de mandil, que eiquí é unha peza pequena de lenzo que vai suxeta á cintura, pola parte traseira, coma se fose unha cortina, e que tapa o que ó pantalón lle falla por detrás; diste xeito, os rapaces non precisan axuda ningunha, bastándolles agacharse e voltar a se erguer.» [O: 285]
Contexto 11: «Ribadeo con más de 200 telares que hacían al año 106.000 varas de lienzo, estopilla y estopa y 10.000 de somonte, buriel, picote, mantelería y colchas.» [TG: 16]
Contexto 12: «El lienzo gallego era pieza fundamental dentro de la alta costura española y este prestigio no fue posible sostenerlo por causas sencillas, de empobrecimiento, abandono y una política económica de otros lugares con sorda rivalidad muy bien administrada.» [TG: 17]