Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.
No número 23 d'O Cartafol, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago afirma o seguinte, en relación coa elaboración de repertorios terminolóxicos:
«(...) non se trata dunha tarefa que poida levarse a cabo en soidade. Para que un traballo destas características sexa realmente útil, é inescusable a participación dos especialistas na materia obxecto de estudo, só eles coñecen a terminoloxía da súa especialidade, e só eles son quen de xulgar con bo criterio a adecuación das solucións propostas. Por outra banda, só co seu apoio decidido resulta posible a difusión da terminoloxía fixada. Desde o SNL agardamos con esperanza as propostas que neste terreo a comunidade universitaria queira facer, xa que ela mesma será, en último caso, a primeira e principal beneficiada dos seus propios esforzos neste terreo.»
Esta afirmación é totalmente válida para este dicionario ou para calquera outro traballo de terminoloxía ou lexicografía especializada. Por iso, se souberes, deixa a túa contribución!