Hoxe é sábado 27 de abril de 2024
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.


Instrucións de uso

Consulta por termo

Se quixeres coñecer a definición, o contexto de aparición ou algún outro dato relativo a un termo, deberás introducir a denominación no formulario de consulta (ver marxe esquerda) e clicar sobre o botón «Busca» do formulario ou premer a tecla «Intro» no teu teclado. Aparecerá unha lista alfabética dos termos encontrados ou, se o termo non existir na base de datos, unha mensaxe que así o indique. Para veres a ficha completa de cada termo, só tes que clicar nel.

Listaxe por letra

Se quixeres consultar a listaxe dos termos que comezan por unha determinada letra, deberás clicar nela (xusto debaixo do formulario de consulta). Tamén poderás ver a lista completa de todos os termos existentes na base de datos clicando en «Todos». Em ambos os casos, aparecerá unha lista alfabética cos termos recuperados.

Entender unha entrada

Cada ficha mostra unha serie de informacións relativas ao concepto representado polo termo en cuestión:

Esquema conceptual

Se preferires acceder a unha listaxe de termos agrupados pola súa abranxencia conceptual, ou acceder á ficha completa dun determinado termo cuxa denominación descoñeces, poderás facelo desde o esquema conceptual, quer clicando en [az] ao lado das tres categorías principais, quer navegando pola estrutura para visualizar a hierarquía e as relacións entre os diversos conceptos.

O esquema conceptual permíteche igualmente obter unha visión de conxunto dos conceptos cos que lida este dicionario, así como das relacións existentes entre eles. Así mesmo, a árbore conceptual fornece unha organización pluridimensional.

Contribucións e contacto

O formulario de contribución permíteche introducir na base de datos termos con cadansúas informacións correspondentes, que serán consultábeis unha vez validados e completados polo administrador do dicionario.

Para me faceres chegar comentarios sobre o dicionario, quer tímidas suxestións quer críticas feroces, ou para completar a información que corresponde a un termo xa existente, podes utilizar o formulario da sección de contacto ou enviarme un correo electrónico.

Bibliografía

Se estiveres interesado en obter información extensa sobre o traxe particular de cada rexión galega, a evolución histórica da indumentaria ou a semiótica da vestimenta e outros temas de grande interese que ultrapasan o obxecto deste diccionario, podes consultar a lista de referencias bibliográficas que utilicei na elaboración deste traballo.