Introduce o termo no formulario e clica sobre o botón «Busca» ou clica nunha letra para obter a lista de termos que comezan por ela.
Os mapas conceptuais son unha ferramenta fundamental do estudo dos campos de coñecemento especializado (e do vocabulario que o vehicula), onde é precisa unha maior exactitude de clasificación que na nosa vida cotiá. Aquí eu propoño un esquema de clasificación navegábel e unha árbore conceptual pluridimensional. A árbore conceptual é un sistema de representación conceptual estático en forma arborescente e serve para obter unha visión xeral do entramado de relacións entre os diferentes conceptos. O esquema de clasificación conceptual, en troca, é dinámico e por tanto permite navegar polas súas diferentes ramas co fin de localizar de forma precisa nese entramado un concepto do que descoñecemos a denominación ou para simplemente observar como está relacionado cos seus conceptos veciños.
Espero que encontres o que procuras. Non deixes de enviarme as túas críticas e comentarios, tanto se achas os mapas conceptuais útiles como se é todo o contrario.