Hoxe é quinta-feira 21 de setembro de 2017
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

A procura retornou 15 entradas:

422  floreado
453  fatelo
414  fita
415  floco
310  falla
246  faldón
94  faldra
276  faixa
277  flanela
127  fío
193  faltriqueira
174  fibela
364  faltriqueira
365  faldriqueira
376  feltro



Resultado da consulta:

Termo 193: faltriqueira  s f  
Definición: Bolsa de forma redondeada ou cadrada, cunha abertura na súa cara externa para acceder ao interior, que se levaba atada á cintura xer. oculta por baixo das saias, pero tm. por encima do mantelo (se era de gala), us. ppal. polas mulleres para gardar o diñeiro, o pano, amuletos etc.  [VGE: 12]  [EVA: 90]  [0: 279]  [DdD]  [DLE
Remisions: cfr. 364 faltriqueira
Contexto 1: «Usaban sempre faltriqueira para garda-los cartos, amuletos e outros obxectos de valor que portaban de xeito habitual. Xeralmente ía gardada debaixo das saias.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Compremento do traxe da muller é a faltriqueira e a falchoca, bulsas, pequena a primeira e grande a outra, que ían colgadas da cintura, por baixo da saia ou do mantelo.» [O: 279]
Contexto 3: «O calzón vai provisto de faltriqueira ou de alxibeira, gran bulsa ista derradeira que pode chegar ós xoenllos e incruso, coma socedía nas Mariñas, saír pola botoadura da perna.» [O: 281]