Resultado da consulta: |
Termo 20: |
remonta s f |
Definición: |
Remendo de pano ou de coiro que se apón ao baixo do pantalón ou no puño da manga para evitar o seu desgaste ou disimular o seu estado xa gastado. [DLE] |
Contexto 1: |
«Por riba do chaleque ou xubón poñían a chaqueta que podía ser curta, afrancesada, ou máis longa e con remontas.» [VGE: 12] |
Contexto 2: |
«Logo poñían o calzón curto por riba dos xeonllos ou xusto por debaixo deles. Xa máis moderno é o calzón ou pantalón largo que podía levar tamén remontas coma as da chaqueta.» [VGE: 12] |
Contexto 3: |
«Ó enceto diste século, cando escomenza a desaparecer [o "traxe galego"], xurde outro, de transición, que dá paso ó actual, e que se caracteriza polo emprego de remontas.» [O: 274] |
Contexto 4: |
«Non embargantes, aínda iste traxe chegóu a ter unha certa persoalidade polo emprego das remontas, especie de mendos de terciopelo ou pana que, dun xeito simétrico, enfeitaban a beira inferior e as costas da chaqueta, os puños e parte traseira das mangas, bocas dos pantalóns, xionlleiras, etc.» [O: 283] |
Contexto 5: |
«Máis tarde deixóu de se ollar tamén a remonta, uniformándose o traxe de acordo coa moda das outras terras, tanto nos homes coma nas mulleres.» [O: 283] |