Hoxe é quinta-feira 21 de setembro de 2017
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

A procura retornou 12 entradas:

492  escarpín
507  entredous
487  estampado
42  enaguas
289  escarpiño
295  enagua
326  esclavina
329  esclavina
253  estameña
96  estopilla
98  encaixe
274  estopa



Resultado da consulta:

Termo 274: estopa  s f  
Definición: Tecido basto obtido da planta do liño us. para a confección da roupa de verán e da época dos labores.  [TRG: 44] 
Contexto 1: «Igual que na muller, a camisa era o primeiro que poñían no corpo, aínda que era máis curta cá dela, e podía ser de estopa ou de lenzo reservando o liño máis fino para a peiteira, os puños e a tira do pescozo ou para o colo se o tiña.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Aínda que a planta é doada de conseguir, son moitas e moi pesadas as labouras que lle hai que facer desde o cultivo --a arriga, a ripa, o enriado, a maza e remaza, a tasca, o rastrelado, a fiada, o branqueado, o tinguido, tec.-- Ata consegui-las distintas modalidades --estopa, lenzo, liño fino-- e logo tecelas no tear, proceso que ocupaba todo o ano» [VGE: 9]
Contexto 3: «Co liño (estopa, lenzo, fío) e tamén no algodón confeccionaban sabos, sabas e roupa interior, como camisas de home e de muller, cirolas, xustillos...» [VGE: 10]
Contexto 4: «Así, os [chaleques] de diario eran de picote, baieta, estopa..., e os de festa de pano de lá con adornos de veludo ou de xénero brocado.» [VGE: 12]
Contexto 5: «Nos dentes do restrelo vai quedando a estopa, que se retira a un lado e que logo se emprega non só para faguer un tecido basto, senón tamén pra outros moitos usos.» [O: 236]
Contexto 6: «Sobor da camisa, o chileque, de pano roxo, branco ou verde, e coaparte traseira delenzo, case sempre de estopa.» [O: 280]
Contexto 7: «Ribadeo con más de 200 telares que hacían al año 106.000 varas de lienzo, estopilla y estopa y 10.000 de somonte, buriel, picote, mantelería y colchas.» [TG: 16]