Resultado da consulta: |
Termo 147: |
zoca s f |
Definición: |
Calzado de diario e ambos os sexos xer. sen roma e con tacón, elaborado a partir dunha soa peza de madeira de forma e deseño variable en función do gusto persoal e da comarca (natural, branqueada ou pintada de negro ou vermello, lisa ou tallada á imitación dun zapato ou con motivos, etc.), coa función de protexer da lama e da auga, [TC: 25] [TRG: 44] |
Contexto 1: |
«Como calzado poñían zocas e madreñas de madeira, zocos, botas e chalancas de madeira e coiro e, por último, zapatos e botinas feiros soio de coiro.» [VGE: 10] |
Contexto 2: |
«Nos pés e pernas poñían as medias de la, carpíns e zocas ou zocos nos días de traballo, e tamén polainas de coiro, estameña ou palla.» [VGE: 12] |
Contexto 3: |
«Otro frecuente tipo de calzado son los zocos y as zocas, especie de botas con el suelo o piso de madera, sobre el que se clavan gruesos clavos o tacholas. El resto de zueco es de material y son muy útiles, especialmente para los pastores, porque son de mucho abrigo (...). Su nombre es chanclos y galochas en Andiñuela y chanclos en Villacidayo.» [EVA: 95] |
Contexto 4: |
«Había galochas que se chaman tamén zocas e galochos.» [EVA: 96] |
Contexto 5: |
«Prós días de chuvia, usábanse as chancas ou as zocas e, prás festas, os zapatos, de tacón baixo e de máis ou menos luxo asegún que os levase.» [O: 276] |
Nota: |
Era moi us. por pescadores, mariñeiros, peixeiras, persoas do litoral, xer. sen vernizar, pintar, tallar e máis abertas que as usadas nas zonas altas do interior. Podía ser calzada co pé vestido polo escarpín ou aínda unha chiruca para maior abrigo. |