Hoxe é sexta-feira 24 de novembro de 2017
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

A procura retornou 61 entradas:

429  crespón
442  calcaño
443  calcañar
491  chiruca
495  carpín
500  chanclo
501  chapeu
456  candil
463  chal
471  casquete
391  caxemira
405  canutillos
canesú
36  camisa da muller
37  camisa
38  camisa de dúas partes
40  camisa rabela
54  corpiño
58  candil
62  cintura
200  calzón
202  calza
203  chupeta
206  chambra
228  coleto
231  calzoncillos
232  chulete
342  cinto
344  calzón de carteira
345  coroza
347  carapucho
348  capa de palla
353  copete
279  carteira
280  calzón de boca de cuza
287  capa
290  chapiño
313  calado
317  calesera
318  capa española
327  capotiña
328  capote
330  capote
236  chaqueta
237  cirolas
261  corbata
266  cofia
270  chinela
92  cáñamo
93  cos
101  colo
107  colete
108  chaleco
109  chaleque
110  cortina
111  canutillo
122  cofia
125  cánabo
140  chanca
142  chanco
181  crica



Resultado da consulta:

Termo 345: coroza  s f  
Definición: Capa feita con xuncos ou palla trigueira, entretecidos de modo que a auga de chuvia escorrega por ela, e formada por unha esclavina e dous ou tres volantes para atinxir unha longura ata a perna. Pode ir acompañada dun carapucho e unhas polainas do mesmo material.  [TRG: 56] 
Contexto 1: «Como pezas de máis abrigo tiñan os mantos, a coroza e a capa entre outros.» [VGE: 12]
Contexto 2: «Coa palla e o ficucho facían sombreiros, corozas, polainas.» [VGE: 10]
Contexto 3: «Para cubrirse empregaban a capa, mantos ou panos de lá abatanados ós que lles podían facer un burato para mete-la cabeza, e a coroza que era unha capa usada para gardarse da chuvia, feita de palla ou fiuncho e que podía levar esclavina e capucha.» [VGE: 13]
Contexto 4: «Referímonos ós xuncos, cos que se fan as corozas e as polainas.» [O: 267]
Contexto 5: «A coroza átase no pescozo con dúas barazas. A algunhas destas prendas agrégaselles unha capucha pra cubri-la cabeza.» [O: 267]
Contexto 6: «As corozas úsanse para se gardar da chuvia, pois cobren ben e son quentes, mais teñen dúas dificultades no seu uso: o moito que pesan cando están molladas e o perigo que presentan preto do lume cando están enxoitas por coller lume doadamente.» [O: 267]
Contexto 7: «Cando [os xuncos] están ben secos, mázanse, o mesmo que o liño, máis somentes pola punta, deica que quedan ben esfiañados. Entón vanse collendo un a un e entretecéndoos pola base deica faguer un a xeito de lenzo ou cortina dun longo bastante pra que díe a volta ó corpo dun home. Diste xeito fanse varias que logo se van unindo unhas por baixo das outras armándoas sobre cordas feitas tamén de xuncos entretecidos. Prós hombreiros faise unha armadura semellante, deixando unhas buratas para pasál-os brazos, que se cobren logo cunha esclavina, todo nunha peza.» [O: 267]
Contexto 8: «Como o feitío das corozas presenta certas dificultades, é corrente que algúns que teñen xeito pra esto se adiquen a faguelas e logo as vaian vender ás feiras.» [O: 267]
Contexto 9: «A coroza é unha capa feita con xuncos e que pode ter varias formas, anque a máis corrente é a de capa con esclavina; tamén se fan capuchas soias e corozas con capucha na mesma peza; as corozas serven indistintamente pra homes e mulleres anque tamén se fan especiás prás derradeiras.» [O: 285]
Nota: Us. en toda Galiza aínda que é máis frecuente nos labregos da montaña, que a vestían desde o outono ata mediados da primavera.