Achega
No número 23 d'O
Cartafol, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago
afirma o seguinte, en relación coa elaboración de repertorios terminolóxicos:
(...) non se trata
dunha tarefa que poida levarse a cabo en soidade.
Para que un traballo destas características sexa realmente
útil, é inescusable a participación dos especialistas na materia
obxecto de estudio, só eles coñecen a
terminoloxía da súa especialidade, e só eles son quen de xulgar
con bo criterio a adecuación das solucións
propostas. Por outra banda, só co seu apoio decidido resulta posible
a difusión da terminoloxía fixada. Desde o
SNL agardamos con esperanza as propostas que neste terreo a comunidade
universitaria queira facer, xa que
ela mesma será, en último caso, a primeira e principal beneficiada
dos seus propios esforzos neste terreo.
Esta afirmación é totalmente válida para este dicionario ou para calquera outro traballo de terminoloxía
ou lexicografía especializada. Por iso, se souberes, deixa a túa contribución!
Infelizmente, polo momento o formulario de achega
non está operativo, pero darache unha idea da información que podes enviar por
correo electrónico. Para iso, só tes que clicar en Contacto.
|