Dicionario da vestimenta tradicional galega


Acerca do diccionario

Este dicionario, realizado por Manuel Souto Pico como proxecto de fin de carreira da licenciatura de Tradución e Interpretación, pretende sistematizar, de acordo cos principios teóricos e metodolóxicos da terminoloxía, a área da vestimenta tradicional galega, tanto no plano denominativo como de organización conceptual.

Este diccionario recolle só aqueles termos aparecidos na bibliografía utilizada. Non é, pois, un diccionario completo, pero si representativo dos principais termos, así como doutros menos frecuentes, utilizados polo xeral nos estudios etnográficos sobre a vestimenta ou o traxe galegos. Ademais, este diccionario está en constante ampliación, tanto coa contribución dos usuarios como co meu propio traballo continuado.

Neste sitio web podes:

  • Realizar consultas sobre unha determinada peza da vestimenta partindo da súa denominación lingüística
  • Coñecer a denominación lingüística dunha determinada peza partindo da súa posición no sistema conceptual
  • Achegar información sobre algún termo incompleto ou mesmo achegar un novo que coñezas

Tamén podes consultar a lista de referencias bibliográficas se estiveres interesado en obter información extensa sobre o traxe particular de cada rexión galega, a evolución histórica da indumentaria ou a semiótica da vestimenta e outros temas de grande interese que ultrapasan o obxecto deste diccionario.