Sistema conceptual
Os sistemas conceptuais son parte da nosa capacidade de
estruturar o coñecemento. Isto ten unha relevancia especial para os campos de coñecemento especializado,
onde é precisa unha maior exactitude de clasificación que na nosa vida cotiá, e por tanto os
sistemas de conceptos son unha das nocións fundamentais da terminoloxía, a disciplina que lida co vocabulario das
áreas de especialidade.
Aquí eu propoño un esquema de clasificación navegábel e unha árbore conceptual pluridimensional. A
árbore conceptual é un sistema de representación conceptual estático en forma arborescente
e serve para obter unha visión xeral do entramado de relacións entre os diferentes conceptos.
O esquema de clasificación conceptual, en troca, é dinámico e por tanto
permite navegar polas súas diferentes ramas co fin de localizar de forma precisa nese entramado
un concepto do que descoñecemos a denominación ou para simplemente
observar como está relacionado cos seus conceptos veciños.
Espero que encontres o que procuras!
|