Dicionario da vestimenta tradicional galega


Instrucións de utilización

Consulta por termo

Se queres coñecer o significado, ler o contexto de aparición ou coñecer algún outro dato, como a súa localización na árbore conceptual, deberás introducir a denominación no formulario de consulta e premer Enter no teu teclado ou clicar sobre Busca. Aparecerá unha lista dos termos encontrados ou, se o termo non existe na base de datos, unha mensaxe que indica que non se encontrou o termo buscado. Para ver os datos do termo, só tes que clicar sobre a súa denominación.

Listaxes

Se queres consultar as listaxes dos termos para poder comparalos uns con outros, deberás clicar en listaxes para acceder a unha páxina desde a que poderás escoller a letra pola que queres que comecen os termos que desexas ver ou para escoller simplemente a listaxe completa de todos os termos presentes no dicionario (atención: a lista contén máis de 300 termos, algúns deles providos de gravura, polo que a lista pode tardar en cargar). Se preferes acceder á listaxe dos termos agrupados polo seu contido conceptual, poderás facelo desde a árbore conceptual, clicando na categoría conceptual que agrupa os termos que che interesan, ou, tamén, pero con menor marxe de consulta, desde o esquema conceptual dinámico, clicando en [az] ao lado das tres categorías principais.

Sistema conceptual

Para accederes aos datos do termo, se descoñeces a denominación do termo que queres buscar pero coñeces o concepto que representa, ou se queres observar a miña clasificación conceptual para teres unha idea de conxunto da área da vestimenta tradicional galega, deberás utilizar o sistema conceptual, quer mediante o esquema conceptual dinámico, que che permitirá navegar pola estrutura do sistema conceptual e visualizar a hierarquía e as relacións entre os conceptos, quer por medio da árbore conceptual estática, que non permite navegar pola estrutura nin chegar a un nivel de hierarquía tan profundo como no caso do esquema, porén fornece unha visión xeral de conxunto da área coberta polo dicionario.

Achega

O formulario de achega permíteche introducir na base de datos termos con cadansúas informacións correspondentes, que serán consultábeis, unha vez validados e completados polo administrador do dicionario. Para me faceres chegar comentarios de orde xeral sobre o dicionario, suxestións ou críticas, ou para completar a información que corresponde a un termo xa existente, podes utilizar o enderezo de contacto. Este formulario aínda non está operativo.

Bibliografía

Se estiveres interesado en obter información extensa sobre o traxe particular de cada rexión galega, a evolución histórica da indumentaria ou a semiótica da vestimenta e outros temas de grande interese que ultrapasan o obxecto deste diccionario, podes consultar a lista de referencias bibliográficas que utilicei na elaboración deste traballo.