Resultado da consulta: |
Termo 204: |
monteira s f |
Definición: |
Toucado característica do home galego, xer. alta e triangular aínda que podía ser de moitas e variadas formas conforme a zona, feita de felpa, saial, baeta ou pano negro, ribeteada ou cuberta de veludo de cores vivas ou de pano sedán. [TRG: 45] [TRG: 55] |
Contexto 1: |
«Na época á que se refiren os documentos gráficos desta publicación conviven, por exemplo, distintos tipos de puchos no home: monteiras, gorras, sombreiros brandos, boinas, o "canotié", etc.» [VGE: 8] |
Contexto 2: |
«O home na cabeza levaba pucho de la, monteira ou distintos sombreiros. Debaixo da monteira podía leva-lo pano de seda nos días de festa.» [VGE: 12] |
Contexto 3: |
«Aínda que con menor frecuencia que o home, a muller tamén podía levar casquete, monteira ou sombreiros elegantes, sóbor de todo nas vilas e pazos.» [VGE: 11] |
Contexto 4: |
«[As monteiras] ían sempre moi adornadas, con plumas de ave, bordadas con la de cores, etc.» [VGE: 13] |
Contexto 5: |
«A prenda cecáis máis vella do traxe dos homes é a monteira, de probable orixe meieval. A monteira variaba moito dunhas localidades a outras, tanto na forma coma no grandor. Polas terras de Padrón tiña forma de casquete, sen adornos; nas Mariñas era máis outa, con presiñas de terciopelo; na Mahía tiña unha forma semellante a un pequeno chapéu, coa aba cinguida á copa por detrás e polos lados e tendida por dediante, a xeito de viseira. No interior da Galiza eran triangulares, grandes, pespunteadas con lá de cores e con bulsas. As monteiras eran castañas, ou negras, ou verdes, etc., e ían ribeteadas con fita negra ou verde. Algúns tipos de monteiras levan nomes especiás, coma socede coa pucha, o pucho e a cadela.» [O: 282] |
Contexto 6: |
«El gaitero, segundo personaje de la escena, luce en la cabeza repinicada monteira con la punta de candil hacia delante. Compone su vestimenta: chaqueta, chaleco, calzón, cirolas, polainas y zapatos.» [TG: 27] |
Nota: |
Na punta, podía ter dúas ou tres borlas de seda e, na volta, podía colocarse unha pluma de pavo. |