Hoxe é terza-feira 26 de setembro de 2017
» Instrucións de uso » Esquema conceptual » Contribucións » Bibliografía » Agradecementos » Traballo » Contacto
lupa

a b c d e f g i l m p r s t v x z todos

A procura retornou 39 entradas:

416  mandil de mostra
421  mantón de caxemira
444  mantón rameado
506  muletilla
450  mandil
455  mostra
459  mantelo
388  mantón floreado
401  mallós
478  mantón de alfombra
45  mantelo
46  mantelo mariñán
47  mantelo de gala
57  mandileta
60  mandil
61  mandil de picote
204  monteira
205  mantón
226  mantela
355  madreña
357  madroña
359  madreña
312  media calada
321  mantón alfombrado
336  manto
241  monteira de pastor
251  madilete
255  manteleta
258  mantón de catro puntas
267  mantela
73  media
102  manga
278  manta
118  muradana
129  mantilla
360  manga perdida
153  madroña
177  mantón de Manila
366  mandil



Resultado da consulta:

Termo 61: mandil de picote  s m  
Definición: Mandil rectangular de aprox. 1 x ½ m, feita xer. de picote de cor natural ou tinxido de negro e us. xer. por ambos os sexos como abrigo contra a chuvia, para ir ao monte ou traballar a terra, vestido a modo de capa curta, sobre os ombros, atando diante do pescozo os extremos dunha fita que france un dos lados menores e sobresae polas puntas dese lado, ou tamén dobrado sobre a cabeza para levar encima un feixe de herba húmida ou carga semellante.  [VGE: 11]  [O: 230] 
Contexto 1: «Co picote elaboraban mandís, saias, chaquetas, corpiños, calzóns, mantelos, mantelas...» [VGE: 10]
Contexto 2: «Para ir á misa, cobrían o pano ou a cofia coa manetilla ou mantelica, ou senón co mandil de picote con ou sen "mostra".» [VGE: 11]
Contexto 3: «O mandil de picote tamén se usaba posto na cabeza cando chovía, ou colocado nos ombreiros contra o frío.» [VGE: 11]
Contexto 4: «Transcorridos os corenta días que debe o liño de estar a cocer na poza, vaise buscar. Como os feixes sán mollados, os portadores levan na cabeza un mandil de picote que os defenda da i-auga que deitan os feixes.» [O: 230]
Contexto 5: «Compre sinalal-a existencia dunha curiosa prenda que vai tamén camiño de se perder: o picote ou, millor mandil de picote. Trátase dunha peza de forma rectangular, duns 0,90 mts. de longo por 0,50 de ancho, tecida na casa con fío de lá e traballada ás veces no folón. Un dos lados menores está algo fruncido por meio dunha fita que sobresai dos lados prá atar cando se quer. Algunhas veces vai da súa cór natural, misturada a lá branca coa negra, mailo corrente é que logo de feita seña tinguida de negro. O picote emprégase como mandil, pró que se ata á cintura coas fitas de que vai provisto, mais tamén se pode usar, a xeito de capa ou esclavina, sobre dos hombreiros, atando as fitas adiante do pescozo; serve esí de abrigo pra ir ó monte ou pra traballar nas terras. Cando chove, ou se hai que traguer na cabeza herba húmida ou cousa semellante, pódese pór pola cabeza e protexela da i-auga. Coístes dous derradeiros fitos, emprégana tanto as mulleres coma os homes.» [O: 278]