Resultado da consulta: |
Termo 226: |
mantela s f |
Definición: |
Modalidade de mantelo de pano negro cunha franxa moi larga de veludo e adornada con agremán de acibeche que, no plano transversal, cobre só a parte dianteira do corpo e, no plano lonxitudinal, pode cubrir a saia na súa totalidade, é d. chegando case ao tornecelo ou ser algo máis curta. [TRG: 38] [TRG: 39] [TRG: 42] [TRG: 47] |
Remisions: |
cfr. mantelo |
Contexto 1: |
«Tal é o caso das mantelas tecidas na casa e ribeteadas de rico "pano de ortigosa"» [VGE: 9] |
Contexto 2: |
«Por riba da faldra da camisa poñía o refaixo de lá ou baieta, logo outra saia baixeira tamén de baieta e por fin a saia de riba, a que se vía, e por tanto a de mellor feitura e tea, e, por último o mandil, mantelo ou mantela.» [VGE: 11] |