A procura retornou 322 entradas:
Resultado da consulta: | |
Termo 41: | acibeche s m |
---|---|
Definición: | Variedade negra, brillante, compacta e moi dura de lignito, us. desde antigo na Galiza, unha vez polida, para aplicacións ornamentais, moi utilizado no bordado de pezas de gala como dengues, mantelos, etc. [TTG: 22] [TRG: 17] |
Remisions: | var. cibeche; var. acebache; var. acibecha; var. cibecha |
Contexto 1: | «Se falamos dun día de festa, de xente da vila ou de clase social alta xa atopamo-las enaugas, os dengues e mantelos adornados con veludo e azabache, ou polo menos cun zócalo de pano sedán, e aparecen tamén as basquiñas que son saias con moito vó, de teas ricas e elegantes, igual que as capas ou parlamentas.» [VGE: 11] |
Contexto 2: | «Como adornos usáronse os pendientes, sapos, broches, etc., que traballaban os noso orfebres, aínda que podían vir de fora dependendo da moda do momento, e por suposto o azibeche e os encaixes de bolillos.» [VGE: 10] |
Nota: | Alén da súa función ornamental, tamén era us. para evitar o mal de ollo, xa que se consideraba unha pedra con poderes contra meigallos ou desgracias ou deparadora de boa fortuna ao seu posuidor. |