A procura retornou 322 entradas:
Resultado da consulta: | |
Termo 426: | palla s f |
---|---|
Definición: | Material composto dos talos secos das gramíneas, separados do gran, us. para a confección de diversas pezas de protección, como p. ex. polainas, corozas etc. [DCLG] [DLE] |
Contexto 1: | «Temos que menciona-la palla, o ficucho, o coiro e a madeira que se empregaban para facer determinadas pezas da vestimenta» [VGE: 10] |
Contexto 2: | «Coa palla e o ficucho facían sombreiros, corozas, polainas.» [VGE: 10] |
Contexto 3: | «Nos pés e pernas poñían as medias de la, carpíns e zocas ou zocos nos días de traballo, e tamén polainas de coiro, estameña ou palla.» [VGE: 12] |
Contexto 4: | «Para cubrirse empregaban a capa, mantos ou panos de lá abatanados ós que lles podían facer un burato para mete-la cabeza, e a coroza que era unha capa usada para gardarse da chuvia, feita de palla ou fiuncho e que podía levar esclavina e capucha.» [VGE: 13] |